ACORDO TEST RÁPIDOS
Dende a UFEDEGA informámosvos de que chegamos a un acordo coas Clínicas Gaias para poder ofertar a realización de test rápidos a todos os deportistas galegos/as, a todas as federacións e aos familiares directos de ambos colectivos, a un prezo especial e competitivo . Agradeceríamosvos que dende a vosa federación lle enviedes a información correspondente a todos/as os federados, xa que a intención é dar de prazo ata o 17 de xuño para a solicitude, para poder dar as citas a partir do 22 de Xuño, e poder realizar as probas o antes posible durante os meses de xuño e xullo. Recomendámosvos que leades a información que vos achegamos. Compre aclarar que non ofertamos as probas PCR por supor un custo máis elevado e maior inversión de tempo, e tamén porque actualmente de saír positivo o test rápido, a través do médico de cabeceira e co informe obtido na Clínica Gaias podería realizarse de xeito gratuíto a través da seguridade social.