News

0:00 0 0
ACORDO TEST RÁPIDOS

ACORDO TEST RÁPIDOS

  Victor  |  Junio 92020
Dende a UFEDEGA informámosvos de que chegamos a un acordo coas Clínicas Gaias para poder ofertar a realización de test rápidos a todos os deportistas galegos/as, a todas as federacións e aos familiares directos de ambos colectivos, a un prezo especial e competitivo. Agradeceríamosvos que dende a vosa federación lle enviedes a información correspondente a todos/as os federados, xa que a intención é dar de prazo ata o 17 de xuño para a solicitude, para poder dar as citas a partir do 22 de Xuño, e poder realizar as probas o antes posible durante os meses de xuño e xullo.

Recomendámosvos que leades a información que vos achegamos. Compre aclarar que non ofertamos as probas PCR por supor un custo máis elevado e maior inversión de tempo, e tamén porque actualmente de saír positivo o test rápido, a través do médico de cabeceira e co informe obtido na Clínica Gaias podería realizarse de xeito gratuíto a través da seguridade social.

Maís información en www.ufedega.gal

Atentamente.


Carmelo Galiñanes Fernández
Unión de Federacións Deportivas Galegas
680884378
 
 
 

File