11:17 0 0
Bolsas aos mellores deportistas federados da localidade

Bolsas aos mellores deportistas federados da localidade

  Victor  |  noviembre 32020
Bos días, 

O concello de Boiro, no seu labor de promoción e difusión do deporte e neste caso do deporte no seu carácter individual, un ano máis volve a realizar a convocatoria para dotar de bolsas económicas aos mellores deportistas federados da localidade.

No arquivo adxunto vos envío as bases desta convocatoria de bolsas. Tamén se publicarán na páxina web do concello. Na última folla destas bases, aparece a instancia de solicitude. O prazo para a presentación das solicitudes xa está aberto e rematará nos 10 días hábiles despois da publicación destas bases no BOP, que está previsto que se publique ao final desta semana ou principios da semana que ven.

Para calquera dúbida, poñerse en contacto có Departamento de Deportes. 

Esperando que lle fagades chegar esta información a todos os deportistas do voso clube, recibide un cordial saúdo.

 
 
 

Archivo