CIRCULAR E PROTOCOLO DE ORGANIZACIÓN DO EVENTO

IMPORTANTE: COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS DURANTE A PROBA NO SEGUINTE FORMULARIO:  https://forms.gle/52upXvtgjhtLKFuk6

LER A CIRCULAR E PROTOCOLO CON ATENCIÓN POR FAVOR.

ACTUALIZACIÓN DE AVISOS IMPORTANTES:

 

CIRCULAR Nº 01/2021

 

DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO MASCULINO E FEMININO 

 

  1. A COMPETICIÓN

 

  • LUGAR: Pavillón dos Remedios. Pardo de Cela, 2. 32002 Ourense.
  • DATA: Sábado, 23 de xaneiro de 2021.
  • HORÁRIO: Horario provisional, pendente de pechar a inscrición:

Categoría Feminina de 10 a 14 horas, categoría masculina de 16 a 20 horas. Acceso á instalación con 30 minutos de antelación.

 

  1. NORMAS TÉCNICAS

 

  • INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2021, poderán presentar un equipo masculino e un feminino. INSCRICIÓNS NO SISTEMA WEB – LÍMITE 13:00 horas do 14/01/2021NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DE PRAZO.

 

MOI IMPORTANTE: APLICARASE PROTOCOLO COVID19 – https://mega.nz/file/0M4i3aLI#Chxe4KiVe05vBNZWfspUocr3zhQk-qfKT_vhdvr9AIE –  DA FGT E PROTOCOLO DE ORGANIZACIÓN (A CONTINUACIÓN DA CIRCULAR) ELABORADO PARA ESTA COMPETICIÓN. 

  

  • GRAO MÍNIMO:

Masculino: cinto AZUL.

Feminino: cinto AZUL.

  • DOCUMENTACIÓN:
    • Autorización paterna de todo-los participantes que quedará custodiada polo clube. Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.
  • IDADES: So poderán participar os desportistas dos ANOS 2004 E ANTERIORES.
  • PROTECCIÓNS: Son estrictamente obrigatorias as protección oficiais regulamentarias.
  • OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
  • ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
  • UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, garavata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
  • Aplicarase o protocolo Covid19 da FGT xunto coas normas aprobadas para a organización da competición que se xuntan a esta circular. LER, MOI IMPORTANTE.
  • IMPRESCINDIBLE ACUDIR Á COMPETICIÓN COA CORRESPONDENTE ACREDITACIÓN. DEBERÁNSE ACTUALIZAR OS DATOS DE CONTACTO E FOTOGRAFÍA, ANTES DE DESCARGALA.

 

  • PESOS

CATEGORIAS              MASCULINA            FEMININA

Mini-mosca                  – 54 kg.                        – 46 kg.

Mosca                         54 – 58                        46 – 49

Galo                            58 – 63                        49 – 53

Pluma                         63 – 68                         53 – 57

Lixeiro                         68 – 74                         57 – 62

Super-lixeiro                74 – 80                         62 – 67

Medio                          80 – 87                         67 – 73

Pesado                        + 87 Kgs.                    + 73 Kgs.

 

  • TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:

Ouro: 7 puntos

Prata: 3 puntos

Bronce: 1 punto.

Nota: As medallas que se obteñan sen facer combate sí computarán.

 

  1. ORGANIZACIÓN

 

  • ORGANIZA: Clube COUTO, por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  • PESAXE: Venres día 22, provincia de:

Riveira: Club Natural Sport, ÁS 17.00 horas.

A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 17:00 a 18:00 horas.

Marín: Ximnasio Mat's de 16:00 a 17:00 horas.

Vigo: Ximnasio Seungsport. Rúa Travesía de Vigo, 36 interior.

De 16.30 a 18.00 horas.

Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas – Vilalba. De 17:00 a 18:00 horas.

Ourense: Ximnasio Couto. De 14:00 a 15:00 horas.

CGTD: Para deportistas do centro en horario habitual. Contactar con Jesús Benito.

 

  • SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a arbitraxe@taekwondogalego.com
  • XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase SEGUNDO CONVOCATORIA DO DEPARTAMENTO – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.
  • COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09.00 horas.
  • A convocatoria de árbitros será realizada pola dirección de arbitraxe. Non é preciso nominar árbitros. Calquera consulta podedes dirixila a arbitraxe@taekwondogalego.com

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 

  • PERTENZA A CLUBE FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2021.
  • TÉCNICOS: Os que actuen como coach deberán estar inscritos no impreso electrónico oficial e colexiados.

 

  1. RECLAMACIÓNS:

 

  • COMITÉ DE CAMPIONATO: Estará formado por:

Presidente: Director de Arbitraxe.

Vocais: O director do clube organizador e dous técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.

  • RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas que figuran no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facerse sempre por escrito, no impreso correspondiente e asinadas polo delegado oficial do club.

Ao entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), dos que se entregará o correspondiente recibo. No caso de que a reclamación sexa considerada, devovelrase o importe. O IMPRESO DE RECLAMACIÓN PODE SOLICITARSE Ó DIRECTOR DE ARBITRAXE.

  • Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todo-los actos do campeonato. Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, a ser posible con chándal, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servicio de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.

 

VER A CONTINUACIÓN PROTOCOLO DA COMPETICIÓN, NAS SEGUINTES PÁXINAS

 

A Coruña, 01/01/2021.

O SECRETARIO XERAL

 

PROTOCOLO

 

CAMPIONATO GALEGO SENIOR

OURENSE

23 DE XANEIRO 2021

 

  • INTRODUCCIÓN

No pasados meses de Novembro e Decembro escomenzamos a actividade competitiva presencial, realiozándose un total de dúas concentracións e dous campionatos. Tamén se realizou unha proba piloto, organizada polo responsable Covid19 da FGT. Con todos estos datos, e coñecendo a intención por parte da RFET de realizar o campionato de España senior, imos a realizar o vindeiro 23 de Xaneiro o campionato Galego senior en Ourense, no pavillón dos Remedios, sempre e cando a situación sanitaria o permita.

Dende a FGT somos coñecedores do gran impulso que significa voltar á “normalidade competitiva” realizando parte do calendario habitual, pero tendo en conta que debemos garantir en todo momento un entorno seguro para evitar riscos de contaxio da Covid 19, vémonos na obriga de deseñar uns protocolos exhaustivos que serán de obrigado cumprimento para tod@s @s asistentes.

O campionato vaise celebrar a porta pechada, sen asistencia de público, aínda que estamos a traballar para que poda verse en directo.

Vánse a realizar dúas sesións para evitar aglomeracións, unha de mañá e outra de tarde, dividindo en categoría feminina e masculina en cada xornada.

 

IMPORTANTE: COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS DURANTE A PROBA NO SEGUINTE FORMULARIO:  https://forms.gle/52upXvtgjhtLKFuk6

 

  • MEDIDAS PREVENTIVAS

 

  • INSCRIPCIÓN. Realizaráse a través da plataforma da FGT, pero débese ter en conta a obligatoriedade de inscribir a deportistas e tamén a técnic@s, posto que de non estar inscrit@s non poderán acceder á instalación. Ninguén terá permitido o acceso á instalación deportiva sen a correspondente acreditación. Tamén deben estar inscrit@s @s árbitros, pero non farán a inscripción os clubes, xa que se xestionará dende a propia FGT, pero sí deberán descargar a correspondente credencial. Lembrade a necesidade de contar con enderezo electrónico, nº de teléfono e foto actualizada no perfil. Non se admitirán acreditacións sen estes datos.

O venres pola tarde-noite, unha vez rematadas as pesaxes, deberáse descargar a credencial no móvil para poder acceder ó pavillón.

  • TEST RÁPIDO DE ANTÍXENOS NASOFARINXEO OU PCR (non sendo válido o test serolóxico). Tod@s @s participantes (deportistas, técnicos, árbitros, voluntari@s, sanitarios), deberán realizar nas derradeiras 24 horas un test de antíxenos na súa zona de residencia, e será obrigatorio presentar un resultado negativo para acceder á instalación o día da competición. Ademáis, no caso d@s deportistas, deberán presentar esa proba negativa antes de acceder á pesaxe. No caso de non presentar a proba negativa non poderán acceder e polo tanto quedarían fora do sorteo.

Con independencia de levar a proba en man, sexa en papel ou sexa no móvil, @s directores ou responsables dos clubes deberán  remitilas todas xuntas á FGT para o seu archivo, excepto no caso de que haxa algún positivo, que por protección de datos non se enviará. Polo tanto, dende a FGT daríase de baixa a tod@ aqueles que non envíen o resultado.

Estas probas serán sufragadas pola propia FGT, sempre e cando cumpran as condicións específicas que serán comunicadas pola FGT ós clubes.

A FGT asumirá ata un máximo de 30 euros por proba. Deberase remitir factura a nome da FGT onde conste o nome e apelidos da persoa que realiza a proba. Á factura xuntarase unha certificación da titularidade da conta bancaria onde desexen recibir o importe.

(Datos factura:            Federación Galega de Taekwondo. Praza Agustín Díaz, 3. 15008 A Coruña. CIF: G15237233 ).

 

  • DECLARACION RESPONSABLE PARA A PARTICIPACION EN ACTIVIDADES. Cada asistente, xunto co test, deberá entregar na FGT ou na pesaxe a declaración responsable para a participación en actividades que tedes dispoñible no apartado Impresos da web oficial da FGT.
  • Os clubes deberán comunicarlle á dirección deportiva unha única sede de pesaxe no momento de realizar a inscripción (indicar sede na casilla URL da inscrición de cada deportista), a excepción d@s clubes con deportistas que adestran no CGTD, que poderán pesar nesa sede, e o resto de deportistas na sede habitual. Con esta información, e de acordó coas sedes de pesáxe e co oficial encargado, estableceránse unhas franxas horarias determinadas para cada clube.

acceso á pesaxe so se permite con DNI e resultado do test negativo, e no momento que sexa autorizado, debendo agardar no exterior da sede no suposto que permaneza no interior algún deportista doutro clube.

O acceso á zona de pesaxe será individual e con todas as medidas habituais de seguridade, toma de temperatura, desinfección, distancia, mascarilla, e está prohibido compartir comida ou bebida a saída.

Na sede de pesaxe deberá haber, ademáis de xel hidroalcohólico, un sprai desinfectante e papel para que cada deportista desinfecte a báscula despois da pesaxe, e unha papeleira para tirar o papel.

 

  • COMPETICIÓN. 

Como normas xeráis establécense as seguintes:

 

  • Farase un control de accesos coa correspondente acreditación de xeito que se poida trazar unha trazabilidade dos asistentes controlando deste xeito o tempo que permanecen na instalación e con quen coinciden no interior durante a súa estancia. 
  • Ventilarase a instalación durante 30 minutos antes de comezar e ó remtar cada unha das xornadas.
  • Será controlado o aforo dos vestuarios. Non se pode sacar a mascarilla no interior dos mesmos. 
  • En todo momento se debe de manter a distancia de seguridade de 1,5 metros nos catro sentidos excepto durante o combate como é obvio. 
  • Incorporarase un apartado de avaliación de risco covid19 para eventos e actividades multitudinarias que elaborará o correspondente informe da actividade ó que se xuntarán os test covid19 dos asistentes durante o prazo estipulado de trinta días. 

 

Normas de carácter particular para os distintos participantes no evento: