DOG Núm 174
DOG Núm. 174 Ola boa tarde, achégase información aos efectos da súa remisión aos clubs e deportistas afectados. Segundo o disposto na orde do 27 de agosto de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, permítese o contacto físico na práctica da actividade deportiva federada nos seguintes supostos: A - Deportistas galegos de alto nivel e deportistas de alto nivel recoñecidos polo Consello Superior de Deportes clasificados para Tokio 2020 ou que se encontren en proceso de clasificación. B - Deportistas de especialidades deportivas adaptadas individuais con guías ou persoas de apoio. C - Equipos galegos que participen en competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito