Alma Pérez consegue o 3º posto no 51st Dutch Open Taekwondo Championship
Este fin de semana, Alma Pérez acadou un destacado 3º posto no 51st Dutch Open Taekwondo Championship, celebrado en Eindhoven🇳🇱. A deportista do club Costado Taekwondo Boiro sumou unha nova medalla para o seu palmarés nun Open de categoría G2, clasificatorio para o ranking mundial e olímpico.
Alma comezou a súa participación cunha brillante vitoria contra a representante de Italia🇮🇹, Martina Calabro, á que derrotou por 2 asaltos a 0. Seguiu co mesmo rendemento no seu segundo combate, vencendo tamén por 2-0 á rival de Alemaña🇩🇪, Leonie Mayer. No seu terceiro enfrontamento, a loitadora de China Taipéi🌏, Poya Su, impúxose por un axustado asalto, deixando a Alma cun meritorio bronce🥉.
Con este resultado, Alma Pérez non só logra unha importante medalla nun campionato de gran prestixio, senón que continúa sumando valiosos puntos tanto para o ranking mundial como para o ranking olímpico, consolidándose como unha das grandes promesas do taekwondo español.
💙FACEMOS TAEKWONDO 💙
🥋Costado Taekwondo Boiro