10:23 0 0
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO 2024

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO 2024

  Victor  |  febrero 202024
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO
Este fin de semana no Club Costado Taekwondo Boiro foi testemuña de diferentes eventos deportivos.
No Campionato Galego Absoluto, a competición reina a nivel autonómico:
Desiree Rivadulla e Javi Torrado, quen conquistaron medallas de ouro.
Natalia Vazquez sumouse aos seus compañeiros cunha valiosa medalla de bronce.
Nati e Javi, despois de anos, regresaron ao tapiz para inspirar aos máis novos.
Pablo Torrado, Hugo García e Brais Canosa, a pesar da súa curta idade para a categoría, destacaron cun bo quinto posto.
O Club Costado Taekwondo Boiro alcanzou o terceiro lugar (con empate) na clasificación por equipos femininos.
Destacando que desta maneira o club logra conseguir campións galegos en todas as categorías:
✅Infantil
✅Precadete
✅Cadete
✅Xuvenil
✅Absoluto
Ademais, estivemos na entrega de Premios ao Recoñecemento Deportivo outorgados polo Concello de Boiro, foi un momento de celebración, destacando o esforzo tanto de alguns deportistas como do propio Club.
Un fin de semana completo que consolida a posición do Club Costado Taekwondo Boiro como referente no panorama deportivo galego. Parabéns a todos os clubs!

#concellodeboiro #jealsa  #jealsarianxeira  #deportegalego  #deputaciondacoruña  #xuntadegalicia  #taekwondoboiro  #deporte  #taekwondo  #ejercicio  #xuventude  #costadosuhsport  #gym #fitness #taekwondo #tkd #sport #martialarts #artesmaciais #parati #artesmarciales Taekwondo Boiro #CostadoTaekwondoBoiro
 
 
 

Archivo