11:52 0 0 TKD 6 a 7
CPTO GALEGO PROMESAS E VETERANOS

CPTO GALEGO PROMESAS E VETERANOS

  Victor  |  febrero 32014

CIRCULAR 03/2014. CPTO. GALEGO PROMESAS E VETERANOS

CIRCULAR Nº 03/2014

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS.

ASUNTO: CAMPIONATO PROMOCIÓN CADETE, XUNIOR, ABSOLUTO E VETERANOS, MASCULINO E FEMININO. “XUNTA DE GALICIA” - 2014

A COMPETICIÓN.

1.1. LUGAR: Pavillón Polideportivo Municipal do GATAÑAL. Ctra. A Liméns. CANGAS.

1.2. DATA: Sábado, 22 de febreiro de 2014.

1.3. HORÁRIO: A partires das 10.00 horas.

NORMAS TÉCNICAS:

a. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes, reafiliados no ano 2014, poderán presentar un equipo masculino e outro feminino para cada unha das categorias, con un máximo de dous competidores por peso. INSCRICIÓN A TRAVÉS DA WEB – PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA AS 13.00 HR. DO DÍA 14 DE FEBREIRO DE 2014. IMPORTANTE; OS DEPORTISTAS PARTICIPANTES DEBERÁN TER TRAMITADA E ABONADA NESTA FGT LICENCIA E GRAO ANTES DAS 13.00 HORAS DO XOVES 6 DE FEBREIRO.
LEMBRASE A TODO-LOS CLUBS QUE É OBRIGATORIO NOMINAR UN ÁRBITRO PARA A COMPETICIÓN. (acordo de asamblea xeral da FGT). A inscrición do árbitro/xuiz deberá de realizarse xunto coa do equipo na aplicación web e, ademais, enviando o correspondente nome a arbitraxe@taekwondogalego.com






GRAO MÍNIMO E MÁXIMO: Para as CATRO categorias o grao mínimo será o Cinto Laranxa, non existindo grao máximo para nengunha delas. Non poderán participar os medallistas na categoria na cal obtivesen medalla no promesas do ano anterior. Por exemplo, un desportista que obtivese medalla en Cadete poderá participar en Xunior ou Absoluto, pero non en Cadete. (Acordo da Asamblea Xeral do 03.03.01). PREGAMOS A TODOLOS ADESTRADORES CONTROLEN A INSCRICIÓN DESTES COMPETIDORES.
Os medallistas en campionatos estatais oficiais (ctos de España) non poderán participar na categoría Promesa, independentemente do tempo transcorrido dende a obtención da medalla. Tampouco poderán inscribirse na categoría promesas aqueles deportistas que foran convocados pola Selección Galega e participaran en campionatos estatais oficiais (Ctos de España)
Poderán solicitar a inclusión na categoría promesa aqueles deportistas que, sendo medallistas nos Campionatos Galegos Oficiais da categoría, obtiveran a medalla sen competir ou perdendo os combates. A solicitude –obrigatoria para poder inscribilos- de inclusión destes deportistas deberá de cursarse, motivando a solicitude coa información pertinente, ó Director Deportivo da FGT, quen comunicará a autorización ó Secretario Xeral da FGT para a súa admisión ou non. (Acordo da Asamblea Xeral do 01/03/2008).
e. A categoría de VETERANOS subdivídese en dúas; VETERANOS “A” (EXMEMBROS DA SELECCIÓN GALEGA) e VETERANOS “B” (RESTO DE COMPETIDORES. A INSCRICICIÓN REALIZARASE TENDO EN CONTA ESTE CRITERIO.


DOCUMENTACIÓN A APRESENTAR: INSCRICIÓN A TRAVÉS DO SISTEMA WEB. O clube farase cargo das autorizacións paternas dos deportistas e deberá poñelas a disposición da FGT se esta as solicitase.


IDADES:
- CADETE: os nados nos anos 2000, 2001 e 2002.

- XUNIOR: os nados nos anos 1997, 1998 e 1999.

- ABSOLUTO: a partir de 14 anos cumpridos no ano en curso (anos 2000 e anteriores).

- VETERANOS: a partir de 35 anos cumpridos no ano en curso (anos 1979 e anteriores).

NOTA: Un mesmo desportista non poderá participar en máis dunha categoria.

PROTECCIÓNS: Son estrictamente obligatorias, e deberá aportarlas cada desportista: casco reglamentario, coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas e protección bucal, guantillas e protectores de empeine electrónicos Daedo.
REGULAMENTO: Aplicarase o regulamento da W.T.F.
ARBITRAXE: Os árbitros deberán vestir: Pantalón gris, camisa branca, garavata da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
PESOS: Os estipulados ofícialmente para as tres categorías. No caso de VETERANOS, serán pesos OLÍMPICOS (ver nota adxunta).
TROFEOS:
- INDIVIDUAL: Primeiro, Segundo e Terceiro de cada categoria, medalla.

- EQUIPOS: Primeiro, Segundo e Terceiro de cada categoria (masculino e feminino) trofeo.Seguirá-se o seguinte baremo: OURO = 7 puntos , PRATA = 3 puntos, BRONCE = 1 punto.

Computarán todas as medallas conseguídas, independentemente de que os desportistas fixesen ou non combate. (Lembro Asamblea Xeral de 03.03.01)



ORGANIZACIÓN:


ORGANIZA: Club SARES TKD CANGAS por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
PESAXE: o viernes dia 21 de FEBREIRO, os competidores das províncias de:
A CORUÑA: De 17 a 18 hr. no Ximnasio Estudo Garrapucho.Paseo de Ronda, 56 - A Coruña.

ás 13.00 hr. no Ximnasio Natural Sport.Avda.De Ferrol, 27 – Riveira.

LUGO: De 17.00 a 18.00 hr.E.Lucense Tkd. Piscina As Pedrerías. Avda. Filarmónica, s/n. Lugo

OURENSE: de 13 a 15 horas no Ximnasio Couto, Juan de Anges, 4 – Ourense.

PONTEVEDRA: De 16.00 a 17.30 hr. Ximnasio Area R/ Doctor Carracido, 13. Vigo

De 16.00 a 17.00 hr. no Ximnasio Mat´s, C/ Inferniño, 10 – Marín.

SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo ó director de arbitraxe no mail arbitraxe@taekwondogalego.com
REUNION DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase UNHA HORA antes do inicio da Competición no pavillón. (É DE OBRIGATORIA ASISTENCIA E PRÉGASE ESPECIAL PUNTUALIDADE).
COMEZO DA COMPETICIÓN: 10.00 horas.
NORMAS PARA OS ADESTRADORES:
INDUMENTARIA: É obligatoria a utilizazón de roupa e calzado desportivo para acceder á pista e durante o enderezo dos combates.
SANCIÓNS: no Comité Executivo da W.T.F. e a Asamblea Xeral da F.E.T. lembraron que nos campionatos se sancionará, de acordo co Regulamento Internacional de Arbitraxe, as acenacións, aplausos e acenos ostensibeis dos adestradores durante o combate, lembrando que as sancións previstas poden chegar até a descalificación do competidor e a inabilitación do adestrador.Os actos anteriormente citados incitan á violencia e aos desórdens, tanto do público como dos participantes, o que vulnera o REAL DECRETO sobre violencia no desporte e o Regulamento de Disciplina Desportiva, ademais do espectáculo deplorabel e tan prexudicial para o Tae Kwon Dó que dan os infractores destas regras.


CONDICIÓNS ECONÓMICAS:


a. PERTENZA A UN CLUB FEDERADO: os desportistas, árbitros, adestradores e delegados deberán pertencer a clubes federados, cuia cuota do ano 2014.
ÁRBITROS: Cada club participante nunha competición oficial da FGT terá que solicitar a inscrición dun árbitro ou xuiz colexiados. A inscrición do árbitro/xuiz deberá de realizarse xunto coa do equipo, aplicación web, podendo ser un colexiado afiliado a outro club.




RECLAMACIÓNS:


COMISIÓN DO CAMPIONATO: Estará formada por:

Director Deportivo
Director de Arbitraxe da FGT
Xuiz da mesa central do tapiz no que se produza a incidencia reclamada.
Técnico responsable do clube organizador do evento
Un técnico elexido por sorteo na reunión técnica da proba.
A Comisión de Campionato actuará de oficio en caso de observar un comportamento antideportivo por parte dun participante, podendo aplicar, en casos de actuacións claramente antideportivas, unha inhabilitación para acceder á pista durante a seguinte ou seguintes dúas probas como medida cautelar previa á apertura de expediente disciplinario. En todo caso levantarase acta na propia competición na que consten as persoas responsables dos actos antideportivos e unha descripción dos mesmos.



RECLAMACIÓNS: segundo o Regulamento da W.T.F. faranse por escrito no impreso oficial e asinado polo Delegado Oficial do Club reclamante, estrumando préviamente 30 euros que serán dedevoltados en caso de prosperar a reclamación.


NOTA MOI IMPORTANTE: Segundo o acordado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária celebrada o 16/02/02, comunicanse os requerimentos necesários para a ceremonia de recollida de medallas.


Desportistas e Adestradores para recoller as medallas:


a. Recollerase a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
En caso de non vestir adecuadamente recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ó finalizar o acto.



A Coruña, 28 de xaneiro de 2014.







Vº Bº A PRESIDENTA O SECRETÁRIO XERAL







Mercé Barrientos Varela Juan Carlos Caínzos Gómez







IMPORTANTE – RESUME NORMATIVA:



Non poderán participar os medallistas en campionatos galegos, na categoria na cal obtivesen medalla no ano anterior. Por exemplo, un desportista que obtivese medalla en Cadete poderá participar en Xunior ou Absoluto, pero non en Cadete.

Non poderán participar os membros da selección galega de combate en campionatos Estatáis. (independientemente da categoría de participación e o ano da convocatoria, a execpción dos casos que entren na categoría de veteráns). Poderán participar aqueles convocados en opens tipo: Arrigorriaga, Andalucía, etc. os cales pagaran pola viaxe e en ningún caso foran membros da selección galega en campionatos Estatáis.

Poderán participar na categoría promesas os deportistas que leven a lo menos 8 anos sen competir.

Os medallistas en campionatos estatais non poderán participar na categoría Promesa, independentemente do tempo transcorrido dende a obtención da medalla. Só se permita a participación a aqueles medallistas estatais de clubs que teñan obtido medallas sen competir ou perdendo o primeiro combate.

Espérase unha boa vontade dos adestradores á hora de facer as inscricións. Calquera competidor que non cumpra estas normas será eliminado automaticamente do campionato.
Se algún club ten competidores que poidan crear dúbidas nas inscricións, este deberá comunicalo ó director deportivo – juanlunaturalsport@hotmail.com quen valorará a participación de dito competidor/a.


PESOS POR CATEGORIAS:



PESOS ABSOLUTO

CATEGORIAS


MASCULINA


FEMININA

Mini-mosca



- 54



- 46

Mosca



54 - 58



46 - 49

Galo



58 - 63



49 - 53

Pluma



63 - 68



53 - 57

Lixeiro



68 - 74



57 - 62

Super-lixeiro



74 - 80



62 - 67

Medio



80 - 87



67 - 73

Pesado



+ 87



+ 73



PESOS XUNIOR

CATEGORIAS


MASCULINA


FEMININA

Mini-mosca


- 45



- 42

Mosca


45 - 48



42 - 44

Galo


48 - 51



44 - 46

Pluma


51 - 55



46 - 49

Lixeiro


55 - 59



49 - 52

Super-lixeiro


59 - 63



52 - 55

Semi-Medio


63 - 68



55 - 59

Medio


68 - 73



59 - 63

Semi- Pesado


73 - 78



63 - 68

Pesado


+ 78



+68



PESOS CADETE

CATEGORIAS


MASCULINA


FEMININA

Mini-mosca



- 33



- 29

Mosca



33 - 37



29 - 33

Galo



37 - 41



33 - 37

Pluma



41 - 45



37 - 41

Lixeiro



45 - 49



41 - 44

Super-lixeiro



49 - 53



44 - 47

Semi-Medio



53 - 57



47 - 51

Medio



57 - 61



51 - 55

Semi- Pesado



61 - 65



55 - 59

Pesado



+ 65



+ 59





VETERANOS:



FEMENINO MASCULINO

-49 KG -58 KG

-57 KG -68 KG

-67 KG -80 KG

+67 KG +80 KG
 
 
 

Archivo