4:59 0 0
Cpto de ESPAÑA Cadete 2024

Cpto de ESPAÑA Cadete 2024

  Victor  |  septiembre 132024
DIEGO LIJO AO CAMPEONATO DE ESPAÑA

Esta fin de semana, o Club Costado Taekwondo Boiro estará presente no Campionato de España Cadete en Torrevieja! O noso competidor Diego Lijo, como parte da Selección Galega, conseguiu o pase ao nacional tras proclamarse subcampión galego cadete e campión no último campionato ranqueable.
O evento, que se celebrará no Pavillón de Deportes “Tavi e Carmona”, reunirá preto de 1000 deportistas e técnicos de toda España, con máis de 360 participantes na categoría cadete. O campionato contará coas tecnoloxías máis avanzadas, como petos e cascos electrónicos, e poderá seguirse en streaming dende a web da Real Federación Española de Taekwondo.
Sentímonos moi orgullosos de que Diego represente ao noso club nesta importante competición. Desexámoslle o maior dos éxitos!


 
 
 

Archivo