10:53 0 0 TKD 8 a 9
EXAME DE CINTOS NEGROS

EXAME DE CINTOS NEGROS

  Victor  |  junio 172014
CIRCULAR 18/2014. EXAME DE CINTOS NEGROS
LUNS, 16 XUÑO 2014 12:00
CIRCULAR Nº 18/2014


ASUNTO: EXAME DE CINTO NEGRO 1º, 2º, 3º, 4º, 5º Dan e 1º, 2º e 3º PUM.

DESTINATARIOS: TODO-LOS CLUBES FEDERADOS.

1.DATA: Sábado, 12 de xullo de 2014.

2.LUGAR: Complexo Deportivo de Elviña – A Coruña.

3. HORARIO: - De 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 20.30 horas.

4.INSCRICIÓNS: A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. O SISTEMA CREARÁ AS FOLLAS DE ACTIVIDADES NACIONAIS TOTALMENTE CUBERTAS, AS QUE DEBEDES IMPRIMIR, ADXUNTAR COPIA DO DNI, ASINAR POR DEPORTISTA E ADESTRADOR E MANDAR EN ORIXINAL Á FGT COA CORRESPONDENTE LIQUIDACIÓN. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS QUE NON FOSEN PROCESADAS NA WEB. ENTRADA NA FGT ANTES DAS 13.00 HORAS DO 02 DE XULLO.

5.CUOTAS DO EXAME:



a) PRIMEIRO DAN: 102 euros FEDERACION-142 euros CLUB


b) SEGUNDO DAN: 140 euros

c) TERCEIRO DAN: 167 euros

d) CUARTO DAN: 190 euros

e) QUINTO DAN: 315 euros

f) PRIMEIRO PUM: 73 euros FEDERACION - 113 euros CLUB

g) SEGUNDO PUM: 73 euros

h) TERCEIRO PUM: 100 euros


Por acordo da Asamblea Xeral da Federación Española de Taekwondo non é obrigatorio o pago do DAN Internacional (WTF), aínda que SI o é para participar en actividades INTERNACIONAIS da WTF.

6.REQUERIMENTOS E DOCUMENTACIÓN

6.1.PARA TODALAS CATEGORIAS:

Impreso oficial de inscrición en actividades nacionais, CUBERTO NA APLICACIÓN WEB.
Fotocopia do D.N.I. por ambas caras ou Libro de Familia
Orixinal do carnet de competición totalmente CUBERTO POLO CLUBE. (Descagar de www.taekwondogalego.com - IMPRESOS) se procede.
Fotocopia do resguardo bancario de ingreso da cuota correspondente.
Folla oficial de liquidación de clube e xustificate de pago.
Autorización paterna aos menores de 18 anos – O CLUBE DEBERÁ RESPONSABILIZARSE DAS MESMAS E POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT SE FOSEN REQUERIDAS.

6.2.PRIMEIRO DAN (ESTE EXAME TAMÉN SE PODE FACER NO CLUBE):

Datos do carné de grao de MARRÓN na folla de actividades nacionais.
Quince anos cumpridos o dia do exame
Datos das licencias federativas dos anos 11, 12, 13 e 14 ou tres alternas máis a do 2014 con data completa de exped. na folla de activ. Nacionais.
Levar como mínimo doce meses de cinto marrón
Datos da colexiación en vigor e nº títitulo de xuiz cronometrador ou xuiz de mesa na folla de activ. Nacionais.


6.3.SEGUNDO DAN:

Dezaseis anos cumpridos como mínimo
Datos da licencia federativa actual do 14, ou de dúas alternas despois de ter obtido o dan anterior mais o actual do ano 2014, na folla de activ. Nacionais con data de expedición.
Levar como mínimo un ano de primeiro dan
Datos do 1er.DAN Nacional na folla de actividades nacionais.
Datos da colexiación en vigor de Árbitro Rexional ou xuiz puntuador rexional co nº de título na folla de activ. Nacionais.
6.4.TERCEIRO DAN:

Dezaoito anos cumpridos como mínimo
Datos das licencias federativas dos anos 12, 13 e 14 ou de tres alternas despois do dan anterior máis o actual do ano 2014.
Levar como mínimo dous anos de segundo dan
Datos do titulo do 2º DAN Nacional na folla de activ. Nac.
Datos do título e da colexiación en vigor de Árbitro Nacional ou xuiz puntuador nac. na folla activ. Nac.
6.5.CUARTO DAN:

Vinteiún anos cumpridos como mínimo
Datos das licencias federativas dos anos 11, 12, 13 e 14 ou de catro alternas despois do dan anterior máis o actual do ano 2014.
Levar como mínimo tres anos de terceiro dan
Datos do titulo do 3er.DAN Nacional na folla de actividades nacionais.
Datos da colexiación en vigor de Árbitro Nacional ou xuiz puntuador nac. na folla de activ. Nacionais.
6.6.QUINTO DAN:

Vintecinco anos cumpridos como mínimo
Datos das licencias federativas dos anos 10, 11, 12, 13 e 14 ou de cinco alternas despois do dan anterior máis o actual do ano 2014.
Levar como mínimo catro anos de cuarto dan
Datos do título do 4º DAN Nacional na folla de actividades nacionais.
Datos da colexiación en vigor de Árbitro Nacional ou xuiz puntuador nac. na folla de activ. Nac.
6.7.PRIMEIRO PUM: (ESTE EXAME TAMÉN SE PODE FACER NO CLUBE).

Dez anos cumpridos e ser menor de quince
Datos das licencias federativas dos anos 11, 12, 13 e 14 ou tres alternas máis o actual do ano 2014.
Datos do carné de grao de MARRÓN na folla de actividades nacionais.
Levar doce meses como mínimo de cinto marrón.
6.8.SEGUNDO PUM:

Doce anos cumpridos e ser menor de quince
Datos do título de 1º PUM na folla de actividades nacionais.
Datos das licencias federativas do ano actual en vigor.
Levar un ano como mínimo de primeiro pum.

6.9. TERCEIRO PUM:

Catorce anos cumpridos e ser menor de quince.
Datos do título de 2º pum
Datos das licencias federativas de 13 e 14 ou dúas alternas e a actual
Levar como mínimo dous anos de segundo pum.


MOI IMPORTANTE:


Non se aceptará a inscrición de ningún aspirante se o clube non está ó corrente das súas cuotas e reafiliado no ano 2014.
2. O exame realizarase polo regulamento que actualmente está en vigor e que pode consultarse na web oficial desta RFET que prevalece sobre calquera erro que poida conter a persente circular.
A aqueles aspirantes que non aporten correctamente TODA a documentación solicitada, dentro do prazo, anularáselles o exame, segundo consta no Regulamento Nacional.
Aqueles aspirantes que necesiten algún documento deberán solicitalo coa ANTELACIÓN suficiente. Os que estean pendentes de recibir algún documento (arbitraxe, DAN, Colexiacións, etc) deberán comunicá-lo por escrito na folla de actividades nacionais, facendo constar que está EN TRÁMITE, pero non deixa-lo espacio en branco.
O apartado de combate realizarase unha vez acabada parte técnica de todos os aspirantes, podendo modificarse segundo necesidades de organización.
Co fin de axilizar a revisión das documentacións, ante a posibilidade da existéncia de moitas inscricións e haxa que nomear dous tribunais de exame, e en benefício de todos, prégase aos aspirantes efectuen as súas inscricións coa suficiente antelación, evitando deixalas para os últimos días do prazo de inscrición.
En caso de que non haxa suficientes inscricións poderase suspender a actividade.
8. No impreso de inscrición figuran 6 casiñas onde se deben anotar os NÚMEROS DE LICENCIAS E DATAS DE EXPEDICIÓN DIA/MES/ANO DAS MESMAS - OBRIGATORIO, cumpliendo este requerimento rigorosamente, non sería necesario enviar fotocopia das licencias. En caso de non ser certos os dados cubertos no impreso de inscrición, o exame sería anulado pola RFET perdendo tódolos dereitos.
9. O EXAME DE 1º PUM E 1º DAN PODERÁ REALIZARSE NO MESMO CLUBE COA SINATURA Do ADESTRADOR NACIONAL OFICIAL E COLEXIADO POLO CLUBE COMO TRIBUNAL DE EXAME. Mantéñense tanto as esixencias documentais como as cuotas establecidas. O único que varia é que antes era preciso un tribunal e un membro federativo e agora co Adestrador Nacional é suficiente. No referinte á documentación a apresentar a esta FGT e á RFET así coma os requerimentos a cumprir seguirán sendo os mesmos.


A Coruña, 16 de xuño de 2014
 
 
 

Archivo