10:09 0 0
SEGURO DE ACCIDENTES AÑO 2021 DE 6 A 16 AÑOS

SEGURO DE ACCIDENTES AÑO 2021 DE 6 A 16 AÑOS

  Victor  |  septiembre 172020

CIRCULAR PARA PERSOAL TÉCNICO, DOCENTES, FAMILIAS E DEPORTISTAS DO PROGRAMA XOGADE

IMPORTANTE fagan chegar esta información a todas as persoas implicadas na súa entidade, incluídas as familias de cada deportista, tanto no deporte escolar como no federado vinculadas ao programa XOGADE.

Para unha correcta atención e cobertura dos sinistros/accidentes o Seguro Deportivo contratado pola Secretaría Xeral para o Deporte para cada un dos deportistas hai un protocolo de uso de obrigado cumprimento. Calquera conduta errada ou improcedente, poderá ter como consecuencia a non cobertura dos gastos ocasionados.

O seguro Xogade cubre as lesións como consecuencia da práctica deportiva, non é un seguro de saúde, senón de accidente deportivo. Polo que, se se determina que a lesión está relacionada con patoloxías de crecemento, dexenerativas ou xenéticas, a continuidade da atención será a través do seu seguro sanitario xeral (Sergas ou seguro privado).

Destacamos os puntos principais do protocolo:

1º Deben comunicarse e certificarse os sinistros ou lesións nos 7 primeiros días.

2º Sempre debe comunicarse o sinistro antes de acudir a un servizo médico.

COMUNICACIÓN E APERTURA DE EXPEDIENTE

Teléfono de asistencia do Seguro 91 737 28 18

Plataforma www.depor-xogade.com

Correo electrónico gestionxogade@canalsalud24.com

3º Toda autorización ou tratamento médico precisará autorización previa da aseguradora salvo nos casos de urxencia vital, é dicir, en caso de estar en perigo a vida do deportista.

4º A cobertura realizarase nos servizos médicos concertados pola aseguradora. O único caso en que se usará o centros sanitarios do SERGAS será ante urxencia vital ou con autorización expresa da aseguradora.

5º O traslado en ambulancia só corresponde ante urxencia vital, é dicir, en caso de estar en perigo a vida do deportista ou cando a aseguradora o determine segundo os datos facilitados na comunicación do sinistro.

Ante calquera dúbida poden consultar no teléfono da aseguradora.

A información da póliza e os datos de contacto deste servizo poden atopalos na web de Xogade ( www.xogade.xunta.gal ) e na aplicación de inscricións ( https://inscricion-xogade.xunta.gal ). O protocolo de accidente poden atopalo tamén nestas páxinas e na parte traseira dos carnés de Xogade que cada entidade pode descargar da aplicación.

Pregamos ás entidades que manteñan actualizados os seus datos de acceso e de contacto na aplicación e que revisen ciclicamente as alertas publicadas na pestana de Inicio. O contrasinal de acceso caduca cada 120 días.

Un saúdo e grazas.

Servizo de Deporte en Idade Escolar

deporte.escolar@xunta.gal

Tl. 881 99 63 63

 
 
 

Archivo