O Club Costado Taekwondo Boiro viviu unha experiencia inesquecible en Mallorca! Aproveitando a nosa estancia, tivemos a oportunidade de visitar o incrible Rafa Nadal Museum.
Neste espazo, máis ca un museo, aprendemos e reflexionamos sobre os valores que nos unen ao deporte: esforzo, superación, compañeirismo e compromiso, todos piares fundamentais que compartimos no mundo do taekwondo. 💪🏅
Ademais, puidemos admirar de preto os trofeos e equipacións que marcaron a carreira de Rafa Nadal, así como a impresionante colección de obxectos doados por grandes deportistas de elite. 🔝✨ Unha experiencia educativa, didáctica e motivadora que nos inspirou a seguir traballando con dedicación e paixón.
¡Grazas, Rafa Nadal, por ensinarnos que con esforzo e perseveranza non hai límites para o que podemos acadar!
💙FACEMOS TAEKWONDO 💙
#deputaciondacoruña
#deportegalego
#concellodeboiro
#jealsarianxeira
#xuntadegalicia
#taekwondoboiro
#CostadoTaekwondoBoiro