ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO XUNIOR MASCULINO E FEMININO.

“XUNTA DE GALICIA”- ANO 2024

AVISOS IMPORTANTES:

INSCRICION EN TEMPO REAL, ACTA PESAXE E CABEZAS DE SERIE

VER SORTEO

  1. A COMPETICIÓN
  • LUGAR: Pavillón Municipal de Viveiro. Viveiro (Lugo).
  • DATA: Sábado, 20 de abril de 2024.
  • HORARIO: A partires das 09:00 horas en horario de mañá. Confirmaremos horario en función da participación.
  1. NORMAS TÉCNICAS
  1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2024, poderán presentar un equipo masculino e un femenino.

As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, antes das 13.00 horas do venres 12/04/2024. O martes 09/04/2024 publiarase o listado provisional de inscritos

 Será obrigatorio indicar a sede de pesaxe correspondente a cada deportista no momento de realizar a inscrición.

  • GRAO MÍNIMO:

Cinto AZUL.

  • DOCUMENTACIÓN:
    • autorización paterna quedará custodiada polo clube (así o certifica na inscrición en liña). Este terá que poñelas a disposición da FGT se lle foran requeridas.
    • Todos os deportistas deberán acudir con acreditación.
  • IDADES: So poderán participar os desportistas nados nos anos 2007, 2008 e 2009.
  • PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto e casco.
  • OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WT, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
  • ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor da WT e as directrices da FGT.
  • UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
  • PESOS :

CATEGORIAS        MASCULINA                                  FEMININA

P1     Minimosca                              – 45 Kg.                                               – 42 Kg.

P2     Mosca                                       45 – 48 Kg.                                          42 – 44 Kg.

P3     Galo                                           48 – 51 Kg.                                          44 – 46 Kg.

P4     Pluma                                        51 – 55 Kg.                                          46 – 49 Kg.

P5     Lixeiro                                       55 – 59 Kg.                                          49 – 52 Kg.

P6     Super-Lixeiro                         59 – 63 Kg.                                          52 – 55 Kg.

P7     Semi-Medio                           63 – 68 Kg.                                          55 – 59 Kg.

P8     Medio                                       68 – 73 Kg.                                          59 – 63 Kg.

P9     Semi-Pesado                          73 – 78 Kg.                                          63 – 68 Kg.

P10   Pesado                                      + 78 Kg.                                              + 68 Kg.

  • TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipas: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:

Ouro: 7 puntos.

Prata: 3 puntos.

Bronce: 1 punto.

NOTA: As medallas que se obteñan sen facer combate SÍ computarán.  (Acordo da Asamblea Xeral do 03/03/01).

  1. ORGANIZACIÓN
  • ORGANIZA o Clube JANSU por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  • PESAXE: Venres día 19, provincia de:
  • Marín: Gimnasio Mat's de 15:30 a 17:30 horas
  • A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 16:00 a 18:00 horas
  • Riveira: Gimnasio Natural Sport de 16:15 a 18:15 horas
  • Ourense: Centro deportivo Couto de 13:00 a 15:00 horas
  • Vigo: Seungsport de 16:00 a 18:00 horas
  • Lugo: Gimnasio Valerics de 16:00 a 18:00 horas
  • CGTD: CGTD de 11:45 a 13:45 horas (exclusivo para deportistas del centro)

                               Rexerá-se polo: REGULAMENTO FGT DE PESAXE E SORTEO DE CATEGORÍAS

  • SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o dia anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a arbitraxe@taekwondogalego.com – XUNTANZA DE DELEGADOS: Celebrarase media hora antes do inicio da competición no pavillón.
  • COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09:00 horas
  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2024, e ter a licenza federativa actual.

  1. TÉCNICOS: Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.
  1. RECLAMACIÓNS
  1. COMISIÓN DE CAMPIONATO: Rexerá-se polo REGULAMENTO FGT COMISIÓN DE CAMPIONATO
  • RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento FGT Comisión de Campionato. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.
  • Ó entregar a reclamación, pagarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa aceptada, devolverase o importe.
  • Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao clube en todo-los actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso deporte, deberán de vestir correctamente, a ser posible con chándal, e en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.

NOTAS MOI IMPORTANTES: 

ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA.

Desportistas e adestradores para recoller as medallas:

  1. Recollerá-se a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
  1. En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.

AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.