A Federación Galega de Taekwondo ofrece unha liña de axudas para deportistas e técnicos para o Stage de Alto Nivel que se celebrará en xaneiro en Riveira dirixido por Dragan Jovic, que foi elixido mellor adestrador do Mundo en 2018.
A Federación subvencionará parte do custe deste curso, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de xaneiro de 2020 en Riveira, organizado polo Natural Sport Riveira. É a segunda vez que este afamado adestrador traballa en colaboración con este club galego e coa nosa federación. En xaneiro deste ano xa tivemos a posibilidade de aprender dun técnico desta categoría e foi unha gran experiencia para todas e todos os asistentes.
Desta forma, a Federación Galega abrirá unha bolsa de axudas para deportistas da selección galega (a partir da categoría cadete) e técnicos de clubs galegos con licenza galega, para que poidan participar neste curso a un prezo moi reducido. Ademais, a organización está tentando conseguir o albergue municipal para que poidan durmir alí de forma gratuíta. A reserva, que se realizará a través da web da Federación Galega, realizarase por rigoroso orde de inscrición. Prazas limitadas!
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: ATA AS 13.00 HORAS DO 20/12/2019.
CUOTA DO CURSO:
- ADESTRADORES DE CLUBES DADOS DE ALTA NA FGT E CON LICENCIA EN VIGOR NO MOMENTO DA INSCRIPCIÓN: 50€
- DEPORTISTAS BECADOS POLA FGT (PUBLICARASE O LISTADO EN BREVE): 40 €
- GRUPO DEPORTIVO 1: 2005 - 2006 - 2007 - 2008
- GRUPO DEPORTIVO 2: 2004 - 2003 - 2002 - Y SUCESIVOS
- GRUPO DEPORTIVO 3: ADESTRADORES
INSCRICIÓNS NA APLICACIÓN WEB DA FGT (APARTADO ACTIVIDADES) DO SEGUINTE XEITO:
- MIXTO-RECICLAXE - OPCIÓN PARA INSCRICIÓN DE DEPORTISTAS
- MIXTO-TITULACION-RECICLAXE - OPCIÓN PARA INSCRICIÓN DE ADESTRADORES
LISTA DE BECADOS DEL CLUB:
BRAIS CANOSA GARCIA
JAVIER TORRADO MARTINEZ
DESIREE RIVADULLA LORENZO
ALMA MARIA PEREZ PARRADO