SEGURO DE ACCIDENTES AÑO 2021 DE 6 A 16 AÑOS
CIRCULAR PARA PERSOAL TÉCNICO, DOCENTES, FAMILIAS E DEPORTISTAS DO PROGRAMA XOGADE IMPORTANTE fagan chegar esta información a todas as persoas implicadas na súa entidade, incluídas as familias de cada deportista, tanto no deporte escolar como no federado vinculadas ao programa XOGADE. Para unha correcta atención e cobertura dos sinistros/accidentes o Seguro Deportivo contratado pola Secretaría Xeral para o Deporte para cada un dos deportistas hai un protocolo de uso de obrigado cumprimento. Calquera conduta errada ou improcedente, poderá ter como consecuencia a non cobertura dos gastos ocasionados. O seguro Xogade cubre as lesións como consecuencia da práctica deportiva, non é un seguro de saúde, senón de accidente deportivo. Polo que, se se determina que a lesión está relacionada con patoloxías de crecemento, dexenerativas ou xenéticas, a continuidade da atención será a través do seu seguro sanitario xeral (Sergas ou