23:49 0 0
Campionato de europa Universitario 2024

Campionato de europa Universitario 2024

  Victor  |  julio 222024
‼️‼️ CAMPIONS DE EUROPA ‼️
O COSTADO Taekwondo Boiro no máis alto do podio europeo: Alma Pérez Campioa de Europa!
O club COSTADO Taekwondo Boiro celebra o triunfo deportivo con Alma Pérez coroándose como Campioa de Europa. Pérez demostrou o seu nivel no Campionato Europeo de Taekwondo, gañando todos os seus combates cunha contundente superioridade de 2-0 en canto a asaltos, sen perder nin un só en todo o campionato.
O camiño cara ao ouro comezou cunha vitoria sólida contra Filipa França de Portugal, onde Pérez impúxose cun claro 2-0. No seu segundo combate, a representante británica Shayanne Thomas tampouco puido resistir o dominio de Pérez, quen novamente se adxudicou o triunfo por 2-0.
Na semifinal, Pérez enfrontouse á turca Celik Senador, mantendo a súa racha gañadora con outra vitoria de 2-0. A final foi unha emocionante confrontación contra a alemá Madeline Folgmann, unha rival habitual de Alma nos Opens Internacionais. Pérez non deixou lugar a dúbidas sobre a súa superioridade, asegurando o título europeo cun último 2-0.
Un gran campionato que a fai quedar novamente Campioa de Europa.
FACEMOS TAEKWONDO 💙

 
 
 

Archivo