VER SORTEOS


ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO SUB 21 MASCULINO E FEMININO

  1. A COMPETICIÓN
  1. LUGAR: Pavillón Municipal de Betanzos.
  2. DATA: Sábado, 23/03/2024.
  3. HORÁRIO: A partires das 16:00 hr. (o horario podería modificarse en función do número de inscritos).
  1. NORMAS TÉCNICAS
  1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2024, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.

As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, antes das 13.00 horas do 15/03/2024. O 12/03/2024 publicarase o listado provisional de inscritos.   Para realizar cambios de peso tras a publicación do listado definitivo abonarase unha cuota de dez euros (10€).

Será obrigatorio indicar a sede de pesaxe correspondente a cada deportista no momento de realizar a inscrición.

  • Os clubes faranse cargo das autorizacións paternas orixinais e das declaración responsables, poñéndoas a disposición da FGT se fosen requeridas
  • GRAO MÍNIMO:

Masculino: Cinto Azul.

Feminino: Cinto Azul.

  • DOCUMENTACIÓN :
    • Inscrición na aplicación web e autorización paterna para os menores de 18 anos, que será custodiada polo clube en orixinal.
    • Todo-los desportistas deberán estar en posesión da licenza federativa e grao do presente ano 2024, obtidos coa suficiente antelación para que suministre efectos o seguro de accidentes o día do campionato, e os graos poidan estar actualizados na aplicación.
  • IDADES: Poderán participar os desportistas nados nos entre os anos 2004 e 2008.
  • PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto.
  • OS COMBATES: Rexerase polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WT, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
  • ARBITRAXE: Rexerá-se polo Regulamento actualmente en vigor, da WT, baixo directrices da FGT.
  • UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
  • PESOS:

MASCULINO : -54,-58,-63,-68,-74,-80,-87,+87

FEMENINO: -46, -49,-53,-57,-62,-67,-73,+73

  • TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:

Oro: 7 puntos

Prata: 3 puntos

Bronce: 1 punto.

Nota: as medallas que se obteñan sen facer combate sí computarán para a clasificazón. (Acordo da Asamblea Xeral do 03/03/01)

  1. ORGANIZACIÓN
  1. ORGANIZA o Clube KWON por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  2. PESAXE: Venres 22:
  • Marín: Gimnasio Mat's de 15:30 a 17:30 horas
  • A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 16:00 a 18:00 horas
  • Riveira: Gimnasio Natural Sport de 16:15 a 18:15 horas
  • Ourense: Centro deportivo Couto de 13:00 a 15:00 horas
  • Vigo: Seungsport de 16:00 a 18:00 horas
  • Lugo: Gimnasio Valerics de 16:00 a 18:00 horas
  • CGTD: CGTD de 11:45 a 13:45 horas (exclusivo para deportistas del centro)

Rexerá-se polo: REGULAMENTO FGT DE PESAXE E SORTEO DE CATEGORÍAS

  • SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a arbitraxe@taekwondogalego.com
  • XUNTANZA DE DELEGADOS: Celebrarase media hora antes do inicio da competición no pavillón.
  • COMEZO DA COMPETICIÓN: ÁS 16.00 HORAS.
  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS
  1. PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2024, e ter a licenza federativa actual.
  2. TÉCNICOS: Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.
  1. RECLAMACIÓNS :
  1. COMISIÓN DE CAMPIONATO: Rexerá-se polo REGULAMENTO FGT COMISIÓN DE CAMPIONATO
  • RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento FGT Comisión de Campionato. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.
  • Ó entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30 €), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa aceptada, devolverase o seu importe.
  • Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos os actos do campionato. Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, con chándal ou dobok, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.

NOTAS MOI IMPORTANTES: 

Segundo o acordado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária celebrada o 16/02/02, comunícanse os requerimentos necesarios para a ceremonia de recollida de medallas.

Desportistas e adestradores para recoller as medallas:

  1. Recollerá-se a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
  1. En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.

ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA.   

AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.

NON SE ADMITIRÁN RECLAMACIÓNS DE NINGÚN TIPO O DÍA DA COMPETICIÓN SE NON SE REALIZAN SEGUNDO O PROTOCOLO ENRIBA ESTABLECIDO.